lunes, 12 de junio de 2017

Reflexión sobre todo o curso

A min, este curso, informática encantoume e pareceume moi entretida. Gustoume moito a maneira de traballar, xa que Tucho nos poñía música, a min gústame moito a música e eso inspirábame máis para traballar. Ademáis puiden mezclar unha das cousas que máis me gusta a parte dos animais, BTS, cos traballos que nos encargaba Tucho e iso facíame disfrutar facéndoos. Traballamos nunha terminal e aínda que iso non me gustou tanto é necesario aprender un pouco de todo, creei unha web de BTS  e fixemos un traballo libre, eu fixen un xogo de BTS en concreto. Non cambiaría nada na clase porque ademáis de rirnos con Tucho o de ter un traballo libre a escoller é moi chulo, pois aprendes e disfrutas ao mesmo tempo. Sen máis despídome de vós, espero que disfrutárades do meu traballo durante o curso, a verdade dame un pouco de pena non ter máis esta asignatura e tampouco a Tucho como profesor. Bicos:)
Recoméndovos esta canción que expresa os meus sentimentos.
Saranghae!
Resultado de imagen de beso jin

jueves, 8 de junio de 2017

Semana 5 co xogo de BTS:Final

Esta foi a última semana, fíxenlle os últimos retoques ao xogo e engadinlle unha pantalla de inicio co fondo de "Not Today"para que ao pulsar a letra "V" comece o xogo. Esto poderédelo ver mellor no video-titorial que vos deixo aquí abaixo.
Vídeo-titorial final :)


  • Agora facereivos un pequeno resumo de todo o traballo que fixen neste xogo durante este trimestre:
Comecei facendo en Inkscape á personaxe principal (V) cunha secuencia de imaxes que ao xuntalas deron lugar a que parecese que corría  e fixen desta mesma maneira o resto das personaxes e obxectos(corazóns,mochis,plátanos, A.R.M.Y...). Despois disto cambiei o código para que V poidera saltar e correr. Logo fixen ao oso Brown, que forma parte da decoración, no Inkscape e tíveno que escalar co Gimp porque non quedaba do tamaño que desexaba, ademáis disto tiven que descubrir como se insertaba un novo obxecto e levoume bastante tempo. Tamén modifiquei o código para que ao chocar cos inimigos perdeses e se acabase o xogo e que o protagonista tamén poidera saltar encima deles para matalos e así gañar puntos. Insertei as personaxes creadas en Inkscape e fixen que A.R.M.Y actuara como sinal de victoria e que ao chegar a ela se gañe, en cambio ao plátano deille a función de inimigo voador de maneira que ao chocar con el se perda o xogo. Hai que engadir que tamén conseguín que apareceran textos, ao gañar aparece "The power of A.R.M.Y" e ao perder "Game Over". Para rematar retoquei o xogo engadinlle un para de textos decorativos e decoreino, coloquei aos inimigos de forma que non fose moi sinxelo chegar ao final. Finalmente co xogo rematado estiven investigando en varios titoriais como conseguir publicalo na web e ao final era máis sinxelo do que parecía. Conseguín o html e Tucho publicoumo.
Aquí tedes o enlace para a súa descarga.
E sen máis dilación...xa podedes disfrutar do xogo de BTS ,simplemente clicando no enlace :) Espero que vos gustase a explicación,que vos serviran de algo os titoriais e que disfrutedes do xogo tanto como eu disfruto escoitando a BTS, xa que ese era o meu obxectivo:)

jueves, 25 de mayo de 2017

Semana 4 co xogo de BTS


Esta semana conseguín varios obxectivos: decorei o nivel para que fora algo difícil de pasar e con moitos enemigos(mochis e plátanos), pero o máis importante foi que lle modifiquei o código para que cando un inimigo nos mate apareza "Game Over" na pantalla e o xogo remate e que cando chegues ao final xunto a A.R.M.Y  poña "The power of A.R.M.Y" e gañes así o xogo. Aquí vos deixo o código para que aparezan os textos que mencionei, ollo o que está en vermello é para a música do xogo.







Esta entrada é diferente ás demáis porque para que vexades os resultados e como está quedando o xogo de BTS tedes aquí un video titorial de como se pasa e as diferentes capacidades que teñen os obxectos e personaxes.
Vídeo titorial:

Morrer ao colisionar cun inimigo:



Espero que vos gustasen os vídeos, paréceme que así será moito máis vistoso o traballo que estou a facer, ata a próxima semana!:)

viernes, 12 de mayo de 2017

Semana 3 co xogo de BTS

O que fixen esta semana foi que ao chocar cos enemigos o personaxe morrese e terminase o xogo e que ao mesmo tempo poideras saltar encima dos enemigos e matalos. Con este código fixen que seguira esas ordes:
=Con esas funcións poderemos acabar co enemigo saltando encima del e ganar así puntos.
=Con estas outras o enemigo poderá acabar con nós e rematar así o xogo en Game Over.
Ademáis desto creei novos personaxes no Inkscape: fixen a unha chica Army ao final do xogo no que consigues a victoria se chegas xunto a ela e fixen que un dos enemigos voadores fose un plátano.
ARMY
PLÁTANO

















Conseguín insertarlle a música de fondo de "Not Today" modificando o código como se pode ver na imaxe.


Tamén estou intentando que cambie a música cando chegue á meta ou cando perda. Ademáis estou a mirar como se fai para poñer Game Over na pantalla ao perder e Victory ao gañar. Cando morra tamén cambiará a animación, todo isto veremos se o consigo na próxima semana.Saúdos :)

martes, 25 de abril de 2017

Semana 2 co xogo de BTS

Primeiro fixen o oso ARMY Brown con Inkscape.

















Investiguei para ver como se podía insertar un novo obxecto e poder así insertar a Rilakkuma, pero a verdade é que me levou moito tempo descubrilo e tiven que retocar o tamaño do meu oso en GIMP, finalmente conseguino, aquí vos deixo a imaxe de como queda.




















Estiven toda unha clase intentando que ao chocar con un malo perderas e se acabara o xogo, fíxeno modificando o código de funcións Enemy, poñéndolle que cando PlayerHitBox toque ao Enemy este desapareza. O esforzo realizado deu os seus froitos.
Igualmente aínda estou pensando ideas para que me quede un mundo completamente de BTS, xa que lle faltan moitos detalles e quero facer un nivel ao ir avanzando o xogo de pasar por un tunel no que non ves nada e que teña un malo, para que a xente teña que calcular os segundos que tarda en ir e vir o enemigo se quere pasar o xogo.

sábado, 25 de marzo de 2017

Semana 1 co xogo de BTS

Como xa sabedes o meu proxecto para o primeiro trimestre é desenvolver un xogo de BTS e vouvos ir poñendo os pasos a seguir cada semana.O primeiro que estou a facer é o personaxe principal , Kim Taehyung(V). Estou a utilizar Inkscape para debuxalo e ireivos poñendo a foto das secuencias do movemento do personaxe.
Esta é a plantilla que usei para debuxalo:

Esta é a secuencia de movementos do personaxe:
Consguín facer que andara e saltara e tamén que recollera corazóns(actuando como puntos).

Pero aínda me queda moito que facer, pois quero que corra sobre unha pista de atletismo e ainda estou pensando máis ideas para poñerlle, espero que me quede un xogo decente e así poder subilo como unha aplicación para que todas as ARMYS a disfruten. Saúdos e esperovos a próxima semana. :)

jueves, 16 de marzo de 2017

Proxecto Final

Durante o terceiro trimestre vou a estar desenvolvendo un xogo de BTS para publicalo na miña páxina web e que as ARMYS poidan xogar. O xogo vouno facer no programa Gdevelop e cada semana vou a publicar un artigo (como un titorial) dos pasos que vou seguindo.