miércoles, 25 de enero de 2017

Comentario dun vídeo

I NEED U (BTS)
Encántame tanto este vídeo como a canción, xa que nel fálase do amor que sinten os rapaces do grupo e que non é correspondido por unha rapaza á que cada un di que necesita, que a odia e que a quere...

sábado, 21 de enero de 2017

Comentario sobre unha web

O noso profesor de informática Tucho encargounos o traballo de escoller unha web que nos pareza interesante, que a estudemos en profundidade e contestar a varias preguntas sobre a nosa escolla. A páxina web que eu escollín chámase BTS Spain e gústame moito porque me informa de todo o que fai o meu grupo de K-Pop favorito.

Agora responderei as preguntas:
Desde o punto de vista estético as cores que usa na letra e nos backgrounds son a cor carbón (charcoal,#464646), a cor negra(#000000), a cor marrón ocre(#ae7f37), a cor branca(#FFFFFF) e algunhas variacións do gris. Despois as imaxes teñen diferentes tipos de cores moi variadas.




Usa dúas tipografías, "Abril Fatface" e "Alegreya Sans". O estilo da fonte é "normal" e case sempre usa o tamaño de fonte 400px.



O contido está centrado sobre o background negro e ten varios widgets nunha única columna  dereita.

Na páxina principal da web todas as entradas comezan cun título e unha imaxe debaixo da portada, e se entras na páxina secundaria ao clicar en "sigue leyendo", aparece primeiro o título, despois a imaxe e por último o texto informativo.
O deseño da portada e as páxinas secundarias combina na miña opinión perfectamente, porque ten sempre un background negro con todo o contido centrado e como mencionei na pregunta anterior pódese acceder a estas páxinas clicando en "sigue leyendo" polo que ao meu parecer a web queda moi ben proporcionada e combinada.

Ademáis ler e atopar o contido é moi sinxelo porque ao ter a letra branca sobre un fondo negro permítenos ler todo sen complicacións e para encontrar o contido é igual de sinxelo xa que divide ao comezo a súa web en varias entradas nun menú: inicio,noticias, entrevistas, twitter, vídeos, bangtan blog, fancafe e proyectos. Ademáis ten unha barra de búsqueda por se non encontramos algo.


O máis interesante esteticamente é a primeira foto que aparece na portada coa barra do menú para elexir a donde queres ir debaixo, na miña opinión queda moi ben, si ben eu poñería  o título "BTS Spain" un pouquiño máis grande (pero casi nada) e tamén a foto de portada que en vez de ser unha soa, facería que fora cambiando de foto e que se vira unha de cada integrante do grupo cada pouco tempo, iso sería interesante e daríalle máis vida á web.


















Desde o punto de vista técnico a interacción coa páxina é básica e rápida, xa que accedes rapidamente ao contido sen ter que clicar en máis entradas secundarias do menú, pois non ten.
Ás páxinas secundarias accédese desde as diferentes opcións da barra horizontal do menú, na barra lateral dereita e tamén clicando nos enlaces de cor marrón ocre como o de "sigue leyendo".
Ten dous menús, un horizontal e un vertical á dereita. Cando clicas nunha das entradas do menú horizontal lévate ao blog correspondente e o menú da dereita nunca cambia aínda que entres en páxinas secundarias, xa que sempre ten información sobre o seu facebook e twitter oficial aos que podes acceder para seguilos nas diferentes contas. Sería interesante que na entrada de vídeos do menú chos clasificara en anos e en diferentes eventos para non ter que ir baixando ata encontrar o que queres.Nesta páxina web intégranse únicamente imaxes, vídeos e texto pois como xa dixen é bastante sinxela.

É bastante cómoda e clara de usar xa que te manexas con facilidade por ela aínda que deberían poñer o de bangtan blog e fancafe do menú xuntos xa que é case o mesmo. Paréceme interesante a maneira de distribuir as fotos e o texto con tanta claridade e tan centrado.Para mellorala técnicamente eu quitaría unha das barras de búsqueda porque non fan falta dúas e especificaría no menú un pouco máis por exemplo no de fancafe e bangtanblog como xa dixen, pois non se diferencian moito. Tamén poñería outra imaxe como favicon xa que a que está non se ve nada ben, esta sería unha das melloras máis importantes.Para rematar escollería para incorporar á miña web un menú na portada, poñería tamén unha barra de búsqueda e por último a maneira de acceder ás páxinas secundarias clicando en "sigue leyendo", que me parece moi boa idea para que a web quede presentable.

Espero que vos gustara o meu comentario. Sen máis despídome e mando un saúdo ao noso fabuloso profe de informática Tucho :P.