viernes, 18 de noviembre de 2016

Unha portada con GIMP

Estes últimos días estivemos traballando nunha portada para o noso propio libro. Eu optei por facer algo parecido á portada de ¨La vida de Pi¨. Durante o proceso de creación tiven que abrir varias capas no GIMP; a primeira capa é a da selva, nesta capa só recortei a imaxe; a segunda capa é a do templo en ruinas(que tiven que difuminar coa goma de borrar para que se mesturara co fondo); a terceira capa é a do Leopardo Nublado, que tamén tiven que recortar e difuminar. Por último escribín o título do libro, o autor e a editorial.Os catro procesos máis importantes a seguir son:
1. Abrimos a imaxe da selva como capa,logo recortámola en tamaño 1754x1240.
2. Seguidamente creamos unha nova capa co templo e utilizamos a goma con pouca opacidade para difuminar o templo.
3. Continuamos abrindo unha terceira capa co Leopardo Nublado e tamén o difuminamos.
4. Por último escribimos o nome do título, o autor e a editorial, para isto tiven que descargar unha letra máis acorde coa miña portada, despois conseguín poñerlle borde ás letras para que se viran mellor. Non te olvides de darlle o teu toque persoal sempre con imaxinación.

  • Ligazón ao arquivo JPG e ao documento de traballo XCF


Decidín facer nesta portada unha homenaxe ao Leopardo Nublado . Este animal extigueuse en 1990 grazas á destrucción do seu hábitat na isla de Taiwán. Dame moitísima pena que isto suceda constantemente con outras moitas especies e espero que este comentario sirva para que teñamos unha idea do que pasa no mundo real e de que temos que facer algo para remedialo.
Espero que vos gustara.