sábado, 25 de marzo de 2017

Semana 1 co xogo de BTS

Como xa sabedes o meu proxecto para o primeiro trimestre é desenvolver un xogo de BTS e vouvos ir poñendo os pasos a seguir cada semana.O primeiro que estou a facer é o personaxe principal , Kim Taehyung(V). Estou a utilizar Inkscape para debuxalo e ireivos poñendo a foto das secuencias do movemento do personaxe.
Esta é a plantilla que usei para debuxalo:

Esta é a secuencia de movementos do personaxe:
Consguín facer que andara e saltara e tamén que recollera corazóns(actuando como puntos).

Pero aínda me queda moito que facer, pois quero que corra sobre unha pista de atletismo e ainda estou pensando máis ideas para poñerlle, espero que me quede un xogo decente e así poder subilo como unha aplicación para que todas as ARMYS a disfruten. Saúdos e esperovos a próxima semana. :)

jueves, 16 de marzo de 2017

Proxecto Final

Durante o terceiro trimestre vou a estar desenvolvendo un xogo de BTS para publicalo na miña páxina web e que as ARMYS poidan xogar. O xogo vouno facer no programa Gdevelop e cada semana vou a publicar un artigo (como un titorial) dos pasos que vou seguindo.

martes, 7 de marzo de 2017

Unha foto que cambia cada 5 segundos

Eu elexín para a miña web, facer que unha foto da portada cambie cada cinco segundos.




















Isto a min foime bastante doado servíndome dun titorial que encontrei.Pero agora vouvos explicar os pasos que eu seguín para conseguilo.
Primeiro escribín en "scripts.js" o seguinte código, claro que hai que substituír a dirección das imaxes que eu puxen pola que cada un teña(o que está seguido das dúas barriñas é a explicación de para que sirve cada parte do código):
//Array coas imaxes que se irán mostrando na web
var imaxes=new Array(
'images/bts10.jpg',
'images/bts2.jpg', 
'images/bts12.jpg',
'images/bts13.jpg',

'images/bts14.jpg',
'images/bts16.jpg');
//Funcion para cambiar a imaxe
function rotarImaxes()
{// Obtemos un numero aleatorio entre 0 e a cantidade de imaxes que hai
var index=Math.floor((Math.random()*imaxes.length));
// Cambiamos a imaxe
document.getElementById("imagen").src=imaxes[index];}

//Función que se executa unha vez cargada a páxina
onload=function()
{// Cargamos unha imaxe aleatoria
rotarImaxes();
// Indicamos que cada 5 segundos cambie a imaxe
setInterval(rotarImaxes,3500);}
O último que fixen foi escribir no "index.html" o seguinte código(hai que colocalo no body):
 <img src="" id="imagen"></a>
Espero que vos servira de axuda a explicación, se o conseguides darédeslle á vosa web un estilo moito máis creativo, animado e dinámico, espero que vos servira de axuda para favorecer a vosa páxina web. :)