martes, 25 de abril de 2017

Semana 2 co xogo de BTS

Primeiro fixen o oso ARMY Brown con Inkscape.

















Investiguei para ver como se podía insertar un novo obxecto e poder así insertar a Rilakkuma, pero a verdade é que me levou moito tempo descubrilo e tiven que retocar o tamaño do meu oso en GIMP, finalmente conseguino, aquí vos deixo a imaxe de como queda.




















Estiven toda unha clase intentando que ao chocar con un malo perderas e se acabara o xogo, fíxeno modificando o código de funcións Enemy, poñéndolle que cando PlayerHitBox toque ao Enemy este desapareza. O esforzo realizado deu os seus froitos.
Igualmente aínda estou pensando ideas para que me quede un mundo completamente de BTS, xa que lle faltan moitos detalles e quero facer un nivel ao ir avanzando o xogo de pasar por un tunel no que non ves nada e que teña un malo, para que a xente teña que calcular os segundos que tarda en ir e vir o enemigo se quere pasar o xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario