viernes, 18 de noviembre de 2016

Unha portada con GIMP

Estes últimos días estivemos traballando nunha portada para o noso propio libro. Eu optei por facer algo parecido á portada de ¨La vida de Pi¨. Durante o proceso de creación tiven que abrir varias capas no GIMP; a primeira capa é a da selva, nesta capa só recortei a imaxe; a segunda capa é a do templo en ruinas(que tiven que difuminar coa goma de borrar para que se mesturara co fondo); a terceira capa é a do Leopardo Nublado, que tamén tiven que recortar e difuminar. Por último escribín o título do libro, o autor e a editorial.Os catro procesos máis importantes a seguir son:
1. Abrimos a imaxe da selva como capa,logo recortámola en tamaño 1754x1240.
2. Seguidamente creamos unha nova capa co templo e utilizamos a goma con pouca opacidade para difuminar o templo.
3. Continuamos abrindo unha terceira capa co Leopardo Nublado e tamén o difuminamos.
4. Por último escribimos o nome do título, o autor e a editorial, para isto tiven que descargar unha letra máis acorde coa miña portada, despois conseguín poñerlle borde ás letras para que se viran mellor. Non te olvides de darlle o teu toque persoal sempre con imaxinación.

  • Ligazón ao arquivo JPG e ao documento de traballo XCF


Decidín facer nesta portada unha homenaxe ao Leopardo Nublado . Este animal extigueuse en 1990 grazas á destrucción do seu hábitat na isla de Taiwán. Dame moitísima pena que isto suceda constantemente con outras moitas especies e espero que este comentario sirva para que teñamos unha idea do que pasa no mundo real e de que temos que facer algo para remedialo.
Espero que vos gustara.

martes, 25 de octubre de 2016

Facendo memes co GIMP ¨Cristauro¨

Estivemos traballando co GIMP para facer un meme de Cristiano Ronaldo cunha foto que dou moito que falar del. Esta foto mestureina coa dun centauro de Narnia e o resultado foi Cristauro. O proceso non foi nin sinxelo nin complicado e a verdade é que acabei bastante rápido. Tiven que abrir dúas capas, recortarlle a Cristiano a metade do corpo e por último borrarlle a cara e os brazos do centauro de atrás. Espero que vos guste e que vos animedes a facer un meme co que máis vos atraia.
Esta é a foto do centauro de Narnia:
Esta é a foto de Cristiano co seu coche:
Este é o resultado da mezcla, Cristauro:

Ligazón ao arquivo JPG
Ligazón ao arquivo PNG
Ligazón ao arquivo XCF



lunes, 17 de octubre de 2016

Titorial Unión/Diferenza


Hoxe vouvos explicar cun pequeno titorial, feito en Inkscape,como podemos facer a unión e a diferenza dunha figura. Veredes que é moi facil e sinxelo.

Pasos a seguir:
1.Na barra de ferramentas vemos como se pode facer un círculo e un cadrado.





















2.Poñémolos un encima do outro para que así poidamos facer a unión ou a diferenza.




















3.Unha vez seleccionados os dous, imos a trayecto e clicamos en unión ou diferenza.
4. Obtemos os resultados de facer a diferenza.


5. Obtemos os resultados de facer a unión.


  • Espero que vos gustara o titorial, moitas gracias por visitar a miña páxina. Seguirei publicando artigos, comentade cales son do voso interese.



lunes, 10 de octubre de 2016

Animación dunha pelota

Fixen que unha pelota ¨Mike¨botara por un chan.
Comecei facendo unha serie de fotogramas no Inkscape.
Despois animeinos co Gimp e así quedou un Mike Wazowski saltarín.
A verdade é que o proceso de creación pareceume divertido. Foi moi sinxelo e penso que calquera persona que estea disposta  a aprender pode ser capaz de facelo.

jueves, 29 de septiembre de 2016

León na sabana

Estivemos traballando en informática con Inkscape co noso profe Tucho. Decidín facer este titorial porque me gustan moito os animais, e os leóns son felinos impresionantes. Pareceume de dificultade media; o que máis difícil me pareceu foi a melena do león e o máis fácil a herba da sabana.
                                                                                                                                                                                                                                                                             Samantha Torres Mira