jueves, 8 de junio de 2017

Semana 5 co xogo de BTS:Final

Esta foi a última semana, fíxenlle os últimos retoques ao xogo e engadinlle unha pantalla de inicio co fondo de "Not Today"para que ao pulsar a letra "V" comece o xogo. Esto poderédelo ver mellor no video-titorial que vos deixo aquí abaixo.
Vídeo-titorial final :)


  • Agora facereivos un pequeno resumo de todo o traballo que fixen neste xogo durante este trimestre:
Comecei facendo en Inkscape á personaxe principal (V) cunha secuencia de imaxes que ao xuntalas deron lugar a que parecese que corría  e fixen desta mesma maneira o resto das personaxes e obxectos(corazóns,mochis,plátanos, A.R.M.Y...). Despois disto cambiei o código para que V poidera saltar e correr. Logo fixen ao oso Brown, que forma parte da decoración, no Inkscape e tíveno que escalar co Gimp porque non quedaba do tamaño que desexaba, ademáis disto tiven que descubrir como se insertaba un novo obxecto e levoume bastante tempo. Tamén modifiquei o código para que ao chocar cos inimigos perdeses e se acabase o xogo e que o protagonista tamén poidera saltar encima deles para matalos e así gañar puntos. Insertei as personaxes creadas en Inkscape e fixen que A.R.M.Y actuara como sinal de victoria e que ao chegar a ela se gañe, en cambio ao plátano deille a función de inimigo voador de maneira que ao chocar con el se perda o xogo. Hai que engadir que tamén conseguín que apareceran textos, ao gañar aparece "The power of A.R.M.Y" e ao perder "Game Over". Para rematar retoquei o xogo engadinlle un para de textos decorativos e decoreino, coloquei aos inimigos de forma que non fose moi sinxelo chegar ao final. Finalmente co xogo rematado estiven investigando en varios titoriais como conseguir publicalo na web e ao final era máis sinxelo do que parecía. Conseguín o html e Tucho publicoumo.
Aquí tedes o enlace para a súa descarga.
E sen máis dilación...xa podedes disfrutar do xogo de BTS ,simplemente clicando no enlace :) Espero que vos gustase a explicación,que vos serviran de algo os titoriais e que disfrutedes do xogo tanto como eu disfruto escoitando a BTS, xa que ese era o meu obxectivo:)

2 comentarios:

  1. En xeral, moi ben o traballo e a documentación. Fixeches un esforzo grande e se ve recompensado cun blog que paga a pena ler e un xogo que, aínda tendo moito camiño por diante para chegar a ser algo "comercial", os dous sabemos que ten moito mérito. Gustoume moito ver como te arranxabas por ti mesma para conseguir instalar o intel XDK para poder exportar o teu xogo á web e a túa motivación durante todo este tempo. Deberas seguir dándolle un pouco ao xogo e á web pola túa conta, sería unha grande carta de presentación para calquera cousa que queiras facer no futuro.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Unha cousa, tenta comprimir o proxecto de Gdevelop, subilo ao drive, poñelo público e poñer a ligazón para a súa descarga.

    ResponderEliminar